SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1278741 Plan de Obras y Servizos (Plan Concellos)

Procedemento de concesión e xustificación das subvencións destinadas ao sostemento dos gastos correntes en bens e servizos municipais, promoción do emprego e realización de actividades (culturais, sociais, deportivas, ambientais etc.) que contribúan ao fomento dos intereses xerais das e dos veciños do municipio.

As axudas e subvencións deste plan poderán destinarse ás seguintes liñas:

  • Liña 2. Amortización, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades. Esta liña estará integrada por:

                  Liña 2.1: Amortización da débeda con entidades financeiras.

                  Liña.2.2: Pagamento de acredores de gasto corrente e acredores de investimentos.

                  Liña 2.3: Gasto corrente novo.

                  Liña 2.4: Realización de actividades culturais, deportivas, sociais, educativas, etc.

  • Liña 3. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais.
Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cooperación

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 19 de decembro de 2018 ata o 18 de xaneiro de 2019.

Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo. Non poderán obter a condición de beneficiarios aqueles concellos nos que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións
Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado de:

Para a Liña 2:

  • Anexo IV - Amortización do endebedamento con entidades financeiras
  • Anexo V - Pagamento débedas a acredores de gasto corrente e acredores de investimentos
  • Anexo VI - Gasto Corrente Novo e Actividades culturais, deportivas, actividades sociais, turísticas e medioambientais
  • No caso de gasto corrente novo e actividades culturais, deportivas actividades sociais, turísticas e medioambientais , memoria valorada

Para a Liña 3:

  • Anexo VII – Certificación do acordo Liña 3
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local