SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1278741 Plan Concellos 2020 - Solicitude de subvención liña 2 - Amortización de débedas

Procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo ao Plan Concellos 2020. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases do plan e terán que ser de competencia municipal. A tal efecto, non se admitiran solicitudes de subvencións para finalidades que, no marco da actual distribución de competencias, sexan atribución doutras administracións publicas ou que non estean delegadas no concello.

Con suxeición ao antedito, os concellos poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar pero se algún proxecto ou proposta de actuación non se axustase ao seu obxecto, a Deputación poderá rexeitar este proxecto. Nese caso, o Concello poderá presentar unha nova proposta.

O Concello poderá destinar a cantidade asignada ao abeiro do presente plan ao financiamento das achegas municipais para investimentos doutros plans, programas ou convenios desta Deputación ou doutras administracións públicas cando se trate de obras ou subministracións de competencia municipal.

A través deste procedemento as axudas e subvencións deste Plan poderán destinarse á Liña 2 – Amortización de débedas, entre as que se inclúen: Pagamento débedas a acredores de gastos corrente e acredores de investimento, amortización débeda con entidades financeiras e gasto corrente novo derivado da prestación de servizos municipais así como da realización de actividades culturais, sociais, deportivas ou turísticas.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cooperación

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 3 de xaneiro de 2020 ata o 6 de xullo de 2020.

Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo. Non poderán obter a condición de beneficiarios aqueles concellos nos que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións.

Os concellos solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • Anexo III - Certificación da débeda con entidades financeiras
  • Anexo IV - Certificación de pagamento a acreedores de investimentos e a acredores de gasto corrente
  • Anexo V - Certificación do acordo de gasto corrente novo ou realización de actividades
  • No caso de gasto corrente novo e actividades culturais, deportivas actividades sociais, turísticas e medioambientais, memoria valorada

As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, http://sede.depo.gal.

Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se tal emenda se realizase fóra do prazo de presentación de solicitudes esta deberá limitarse á presentación electrónica do que xa se entregou presencialmente, sen que poidan engadirse outros datos ou documentos ou rectificar os xa achegados.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistema de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local