As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia dos estatutos da entidade
b) Memoria descritiva do investimento que se realice na que se especifiquen as características técnicas dos equipamentos, obras, estudos técnicos e mobiliario, entre outros. Para as obras presentarase o seu orzamento técnico coas unidades de obra desagregadas e o seu prezo unitario
c) Orzamento asinado e detallado da actividade ou investimento que se vai realizar
d) Resumo do balance anual de perdas e ganancias da cooperativa
e) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de corenta mil (40.000,00) euros, no suposto de execución de obras, ou de quince mil (15.000,00) euros, no caso de subministracións de bens de equipo, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da axuda (artigo 31.3 da LXS). Esta situación deberase acreditar no expediente da subvención concedida
f) Declaración responsable da entidade na que figuren os datos das novas persoas empregadas, en caso de creación de postos de traballo (gasto non subvencionable, só a efectos de valoración de solicitudes)
Documentación específica por tipo de actuación:
a) Para todas as actuacións
— Memoria explicativa, que conterá:
- Breve descrición do investimento que se vai realizar, que permitirá comprobar que é subvencionable nesta convocatoria
- Calendario de realización do investimento durante o ano 2019
- Número de postos de traballo que se crean, no seu caso
— Compromiso de manter a adscrición dos bens aos fins que motivaron a concesión da subvención: por un prazo mínimo de cinco anos no caso de bens inscribibles nun rexistro público e de dous anos para o resto de bens inventariables
b) En caso de realización de obras
— Resumo do orzamento de execución por capítulos ou memoria valorada
Na xustificación do gasto, de ser legalmente necesario, requirirase a achega do proxecto técnico
— Acreditación da titularidade do ben sobre o que se vai realizar o investimento ou o acordo de cesión, no seu caso
— Compromiso de solicitar a licenza ou as autorizacións preceptivas
En caso de que as obras superen os 50.000,00 € presentarase unha reportaxe fotográfica do estado actual, segundo o establecido no artigo 15.5 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación
c) En caso de adquisición de terras
— Acreditación da adquisición presentando unha copia compulsada do documento de compra