SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

750589 Subvencións dirixidas a cooperativas agrogandeiras da provincia de Pontevedra para investimentos

Subvencións ás cooperativas da provincia de Pontevedra que outorgue a Deputación, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva.

Actuacións susceptibles de axuda:

As accións que apoien as entidades agrogandeiras en proxectos destinados á recuperación posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto:

  1. A comercialización, transformación e valorización das producións
  2. A formación técnica e o asesoramento para o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica
  3. A posta en uso das novas tecnoloxías, as enerxías renovables e o aforro enerxético
  4. Investimentos para mellorar os servizos prestados pola cooperativa:
    • Axudas para a adquisición de terreos para o aumento da base territorial das instalacións cooperativistas
    • Axudas para investimentos en maquinaria agrícola, obras, construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios e accesos a estes
    • Axudas para a adquisición de equipos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados por estas entidades

As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras axudas para o mesmo fin.

Prazo de resolución:  6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Medio Ambiente

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 1 de xuño de 2020 ata o 1 de xullo de 2020

Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira legalmente constituída que desenvolva a súa actividade na provincia de Pontevedra.

Para todas as actuacións

  • Copia dos estatutos da entidade
  • Memoria descritiva do investimento que se realice na que se especifiquen as características técnicas dos equipamentos, obras, estudos técnicos e mobiliario, entre outros. Para as obras presentarase o seu orzamento técnico coas unidades de obra desagregadas e o seu prezo unitario
  • Orzamento asinado e detallado da actividade ou investimento que se vai realizar.
  • Resumo do balance anual de perdas e ganancias da cooperativa
  • Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de corenta mil (40.000,00) euros, no suposto de execución de obras, ou de quince mil (15.000,00) euros, no caso de subministracións de bens de equipo, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da axuda (artigo 31.3 da LXS). Esta situación deberase acreditar no expediente da subvención concedida
  • Declaración responsable da entidade na que figuren os datos das novas persoas empregadas, no caso de creación de postos de traballo (gasto non subvencionable, só para os efectos de valoración de solicitudes

Específica por tipo de actuación

  • Para todas as actuacións
    • Memoria explicativa que conterá:
      • Breve descrición do investimento que se vai realizar, que permitirá comprobar que é subvencionable nesta convocatoria
      • Calendario de realización do investimento durante o ano 2020
      • Número de postos de traballo que se crean, no seu caso
    • Compromiso de manter a adscrición dos bens aos fins que motivaron a concesión da subvención por un prazo mínimo de cinco anos no caso de bens inscribibles nun rexistro público e de dous anos para o resto de bens inventariables
  • No caso de realización de obras
    • Resumo do orzamento de execución por capítulos ou memoria valorada. Na xustificación do gasto, no caso de ser legalmente necesario, requirirase a achega do proxecto técnico
    • Acreditación da titularidade do ben sobre o que se vai realizar o investimento ou o acordo de cesión, no seu caso
    • Compromiso de solicitar a licenza ou as autorizacións preceptivas.
    • Reportaxe fotográfica do estado actual no caso de que as obras superen os 50.000,00 €, segundo o establecido no artigo 15.5 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación
  • No caso de adquisición de terras
    • Acreditación da adquisición presentando unha copia dixitalizada do documento de compra

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realice a emenda. Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Non obstante, de acordo co establecido na Resolución núm. 2020002869, de 24 de marzo de 2020, pola que se aproba a instrución de servizo sobre as medidas urxentes e extraordinarias a adoitar na tramitación administrativa dos distintos procedementos na Deputación Provincial de Pontevedra como consecuencia da declaración do estado de alarma polo COVID-19, as bases reguladoras poderán ser obxecto de publicación a meros efectos informativos. Esta publicación terá como obxecto que as posibles persoas interesadas vaian adiantando trámites. Neste suposto, os prazos administrativos entrarán a computar cando se levante o estado de alarma.

Outra normativa de referencia

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local