Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver
Rexistro electrónico

1017573 Asistencia xurídica e técnica aos Concellos da provincia de Pontevedra

Obxecto: solicitude de asistencia xurídica e técnica á Deputación Provincial de Pontevedra por parte dos concellos:

  • Informe xurídico/técnico
  • Designación de persoal para formar parte das mesas de contratación
  • Valoración dos criterios subxectivos que dependen dun xuízo de valor en expedientes de contratación
  • Designación de persoal para formar parte dun tribunal de selección de persoal
  • Designación de persoal para a sinatura de actas de recepción de obras
  • Outros

Prazo para a presentación das solicitudes: aberto de forma permanente.

Unidade administrativa responsable: Servizo de Asistencia Intermunicipal.

Normativa aplicable: artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, artigo 30 do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local e artigos 109, 113, 114 e 115 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Concellos da provincia de Pontevedra.

Modelo de solicitude debidamente cuberto, asinado pola alcaldesa ou alcalde, acompañado da documentación necesaria para a emisión dos correspondentes informes e a designación de persoal.

A presentación da solicitude derivada deste procedemento poderase realizar en liña na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.


Volver
Rexistro electrónico
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra