SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1000133 Remodelación e mellora de seguridade dos viarios municipais (DEPOREMSE)

Obxecto: A Deputación concederá axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para mellorar  a seguridade viaria e accesibilidade en rúas ou víais de municipais ou nos contornos dos centros  de elevada atracción.

As actuación estruturanse en dos eixes:

Eixe1 que comprenderá as actuacións de mellora de seguridade viaria en rúas e viais locais.

E o Eixe 2 que comprenderá as actuacións integrais de mellora da mobilidade e da seguridade viaria no contorno de centros de elevada atracción.

Prazo: Dous meses a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cooperación.

Normativa aplicable:

  • Bases Reguladoras
  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • R.D. 887/2006, de 21 de xullo,  Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.
  • Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra
  • Bases de execución do orzamento provincial

Estas axudas van dirixidas a Concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estadística, referida a última actualización do censo.

Documentación requirida de carácter obrigatorio

  • Modelo de solicitude (Autorización expresa para obter os certificados da Administración Tributaria e da Seguridade Social)
  • Declaración responsable (anexo I).
  • Proxecto
  • Permisos/Autorizacións sectoriais no caso de dispoñer delas, e no seu defecto copia das solicitudes
  • Anexo III (no caso de ter a disponibilidade dos terreos no momento de presentación da solicitude)

Documentación requirida de carácter obrigatorio que pode ser substituída por un modelo de certificación propio.

  • Anexo II
  • Anexo IV

Documentación requirida de carácter obrigatorio que será incorporada no momento da súa dispoñibilidade:

  • Anexo III (se non se achegou no momento de presentación da solicitude)
  • Resolución favorable de Permisos/Autorizacións sectoriais (se non se achegaron no momento de presentación da solicitude)
  • *outra documentación

 Prazo, lugar e formas de presentación:

As bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Pronvincia (BOPPO). As solicitudes presentadas fóra deste prazo non serán admitidas nesta convocatoria.

 A solicitude presentarase do seguinte xeito:

  • Presentación da solicitude mediante formulario na sede electrónica (procedemento SIA 1000133) seguindo os seguintes pasos:
  • Identificación usando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Deputación de Pontevedra: certificado dixital, DNI-e, CL@ve PIN ou CL@ve permanente.
  • Acceder ao  catálogo de procedementos e localizar o específico da convocatoria (procedemento SIA 1000133).
  • Cubrir os datos dos formularios como se solicita na sede electrónica.
  • Achegar o formulario de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación establecida na base novena.

Se o proceso finaliza con éxito, a sede electrónica facilitará un xustificante de rexistro que acredita a presentación da solicitude.


Volver