SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

760769 Presentación de queixas e suxestións

Todas as persoas poden presentar as queixas e suxestións relacionadas coa prestación e, no seu caso, insatisfacción de servizos públicos que presta a Deputación de Pontevedra.

Teñen a consideración de suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, presentadas por escrito por calquera persoa física ou xurídica, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados pola Deputación de Pontevedra e, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa administración.

Teñen a consideración de queixas as formulacións presentadas por escrito, por calquera persoa física ou xurídica, relativas a calquera aspecto de insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados pola Deputación de Pontevedra, especialmente tardanzas, desatencións ou calquera outra deficiencia na súa actuación, que contribúan a incrementar os parámetros de eficacia, eficiencia e calidade na prestación dos servizos públicos.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Secretaría Xeral

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

Todas as persoas, tanto físicas como xurídicas.

Modelo de solicitude debidamente cuberto

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, http://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).

  • Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra (enlace)

  • Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e Bo Goberno
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local