SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

760768 Instancia xenérica

Presentación de solicitudes, escritos ou comunicacións que non conten cun modelo electrónico normalizado.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: Desestimatorio

Unidade administrativa responsable: Secretaría xeral da Deputación de Pontevedra

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

Poderán facer uso deste formulario os suxeitos obrigados a relacionarse por medios electrónicos coas administracións públicas, de acordo co artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como as persoas físicas que non estando obrigadas a relacionarse electronicamente, elixan empregar esta vía.

Modelo de solicitude debidamente cuberto

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, http://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).

Normativa aplicable:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local