Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.
687347 Subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero
Descrición
Dirixido a
Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:
Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS), recollido no Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia
Carecer de fins de lucro
Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación
Que a actividade desenvolvida pola entidade cumpra as obrigas establecidas na Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes; no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade; na Lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, modificada pola Lei orgánica 11/2015, de 21 de setembro; coa demais lexislación vixente en materia de igualdade e co exercicio dos dereitos fundamentais das persoas
Documentación requirida
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, na que se deberá detallar o orzamento da actividade, a seguinte documentación:
Acreditación do cargo da persoa representante legal da entidade
Certificado de inscrición no RUEPSS da Xunta de Galicia
Relación das persoas integrantes da Xunta Directiva da entidade
Proxecto descritivo da actividade para a que se solicita a subvención asinado pola persoa representante da entidade. Este proxecto deberá contemplar como mínimo os seguintes datos: nome do proxecto, descrición, persoas beneficiarias, obxectivos, actividades, metodoloxía empregada, temporalización, equipo profesional dedicado ao proxecto (do que se incluirá o cargo, a titulación e a formación no eido do xénero e da igualdade), avaliación e coordinación/colaboración con outras entidades ou institucións
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da LPACAP.
No caso de presentar a solicitude de forma presencial, requirirase a súa emenda mediante a presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Cada entidade poderá presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria.