SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687347 Subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero

A Deputación convoca esta liña de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos, programas e actividades para a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista na provincia de Pontevedra

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 20 de febreiro de 2019 ata o 20 de marzo de 2019

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS), regulado polo Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia
  • Carecer de fins de lucro
  • Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, a Facenda galega, a Seguridade Social e a Deputación

As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Acreditación do cargo da persoa representante legal da entidade
  • Certificado de inscrición no RUEPSS da Xunta de Galicia

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  • Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
  • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

Volver