SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Notificación
COVID-19: Suspensión e interrupción dos prazos administrativos
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, trae como consecuencia a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público, e, por conseguinte, na Deputación de Pontevedra.
A suspensión dos prazos para realizar trámites de procedementos administrativos prorrogarase ata a data en que perda vixencia o estado de alarma.
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, suspende e interrompe os prazos para a tramitación dos procedementos da Deputación de Pontevedra.

613350 Programa "Depo Aventura a Lanzada"

COVID-19: Suspensión e interrupción dos prazos administrativos

Como consecuencia da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o vencimiento do prazo de presentación de solicitudes interrómpese até a data en que a que perda vixencia o real decreto. O devandito prazo reanudará, non reiniciará, unha vez se levánte a suspensión polos días nos que este estivera suspendido.

Mentres tanto poderá presentar a súa solicitude de xeito electrónico a través desta sede.

Desde o Servizo de Cohesión Social e Xuventude ponse en marcha unha nova edición do programa “Depo Aventura A Lanzada” que se desenvolverá a través de campamentos no Centro de Vacacións da Lanzada e cuxos destinatarios son rapazas e rapaces dos concellos da provincia de Pontevedra.

Este programa permite que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 4 de marzo de 2020 ata o 25 de marzo de 2020

Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter nacido entre os anos 2007 e 2012 (ambos incluídos)
  • Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra
  • Non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa

Estes requisitos serán condición necesaria para a admisión da solicitude.

Poderán participar menores en situación de tutela e garda por parte da Administración e aqueles que se atopen tanto en réxime de acollemento residencial como en atención de día nalgún centro da provincia de Pontevedra.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:

  1. Modelo de solicitude normalizado cuberto (Anexo I)
  2. Libro de familia no caso de que as persoas menores solicitantes non dispoñas de DNI ou NIE
  3. No caso de menores estranxeiros, copia compulsada do permiso legal de residencia ou documento análogo
  4. Acreditación de familia numerosa (se se acolle ao desconto do prezo establecido nas bases)
  5. Cuestionario de saúde e autonomía persoal, que figura coa solicitude, con todos os puntos debidamente cubertos e asinado (Anexo II)
  6. Se é o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame médico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente
  7. No caso de menores en garda nun centro residencial de menores da provincia de Pontevedra, deberán presentar unha declaración da directora ou director do centro que acredite da situación de internamento durante o período 2020-2021 (Anexo IV)
  8. No caso de menores en situación de risco ou exclusión social con historial nos servizos sociais dalgún Concello da provincia de Pontevedra: Solicitar a valoración social da ou do menor á traballadora ou traballador social dos servizos sociais do Concello de residencia, que deberá ser remitida polos servizos sociais, xunto cun listado nominal, á Deputación no prazo de 15 días naturais contados desde a finalización do prazo de presentación das solicitudes (Anexo V)

Documentación que debe remitir ao SERVIZO DE INSPECCIÓN MÉDICA a Deputación de Pontevedra (inspeccionmedica@depo.gal), no caso de resultar beneficiaria ou beneficiario do programa e o menor padeza algunha patoloxía, precise tratamento farmacolóxico ou terapia específica:

- Informe de saúde da/o especialista que proceda, no que se indique a patoloxía, o tratamento farmacolóxico ou a terapia que precisa, e no que se faga constar que a súa condición médica lle permite asistir ao campamento.

No caso de que se detecten ou diagnostiquen enfermidades, alerxias ou intolerancias alimentarias entre a data de presentación das solicitudes e a data de incorporación ao campamento, será necesario poñerse en contacto co Servizo de Inspección Médica, a través da dirección de correo electrónico inspeccionmedica@depo.gal, e será o persoal sanitario o que solicite o correspondente informe de saúde.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser gardada para a súa presentación electrónica na sede electrónica.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser impresa e asinada para a súa presentación presencial.

<<Formulario Anexo I e II para presentación online>>

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local