Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

360947 Programa Conectadas

“Conectadas” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias; contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo; e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 15 de febreiro de 2019 ata o 18 de marzo de 2019

Este programa vai destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres que apoien o seu desenvolvemento e apoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

As accións formativas estarán abertas a toda a poboación da provincia de Pontevedra, aínda que as mulleres terán preferencia. Reservarase o 25 % do total das prazas para homes, agás no bloque de contidos “Súmate ao cambio”, no que a participación pode ser mixta, xa que se cubrirán as prazas ao 50 % (en caso de existiren vacantes poderá ampliarse esta porcentaxe). As persoas participantes deberán ser maiores de idade ou polo menos ter 16 anos cumpridos.

As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Memoria das actividades do ano 2018 na que se especifiquen detalladamente os traballos realizados no eido da muller e en prol da igualdade.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra