Poderán solicitar esta liña de axudas as entidades públicas que teñan as seguintes características:
• No caso de que a axuda se solicite para a creación do SNL:
— Poderán solicitar estas subvencións os concellos da provincia de Pontevedra de máis de 5.000 habitantes e de ata un máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, entre elas, cheguen a esa cifra mínima.
• No caso de que a axuda se solicite para o mantemento ou reforzo do SNL:
— Poderán solicitar estas subvencións os concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un servizo lingüístico.
— Poderán optar os concellos que conten con este Servizo e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.
Só se pode presentar unha solicitude por concello ou, de ser o caso, unha agrupación de concellos (os concellos que se agrupen non poderán solicitala individualmente).
O concello que forme parte dunha mancomunidade e decida solicitar a subvención individualmente ou agrupado con outro ou outros concellos deberá presentar unha renuncia expresa á prestación deste servizo por parte da mancomunidade ou agrupación de concellos á que pertenza.
Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias aqueles concellos nos que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
• Memoria explicativa asinada pola persoa solicitante na que se detalle
No caso de creación do Servizo de Normalización Lingüística:
— Descrición do servizo que se quere implantar
— Declaración da relación do persoal na que se especifique se se trata de persoal funcionario ou de persoal laboral e da xornada para realizar
—Declaración da titulación académica na que se especifique: grao/licenciatura/licenciatura + Celga 5 ou diplomatura/grao (só válido para o caso de mantemento de SNL anteriores a 2007)
— Declaración do grupo, na que se especifique: A1, A2 ou I, II
No caso de mantemento do Servizo de Normalización Lingüística:
— Descrición do servizo actual con alcance e características
— Declaración da relación do persoal do servizo na que se especifique se se trata de persoal funcionario ou de persoal laboral e da xornada para realizar
— Declaración da titulación académica do persoal na que se especifique: grao/licenciatura/licenciatura + Celga 5 ou diplomatura/grao (só válido para o caso de mantemento de SNL anteriores a 2007)
— Declaración do grupo ou grupos do persoal, na que se especifique: A1, A2 ou I, II
No caso de reforzo do Servizo de Normalización Lingüística:
— Descrición do servizo actual e alcance e características do reforzo proposto
— Declaración da relación do persoal do servizo actual e do reforzo na que se especifique: se se trata de persoal funcionario ou de persoal laboral e da xornada para realizar
— Declaración da titulación académica do persoal do servizo actual e do reforzo na que se especifique: grao/licenciatura/licenciatura + Celga 5 ou diplomatura/grao (só válido para o caso de mantemento de SNL anteriores a 2007)
— Declaración do grupo ou grupos do persoal do servizo actual e do reforzo, na que se especifique: A1, A2 ou I, II
• Orzamento detallado de gastos, asinado pola persoa solicitante
• As agrupacións de concellos que se constitúan para o mantemento en común deste servizo presentarán de modo telemático a seguinte documentación:
— Certificación acreditativa do acordo de solicitude da agrupación de concellos
— Certificación do nomeamento dunha ou dun representante legal para estes efectos
— Declaración na que conste o concello que vai recibir o importe da achega e que deberá presentar a documentación para o pagamento e a súa xustificación
— Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social. Todos os concellos que se agrupen deben estar ao corrente coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento da concesión
— Todos os concellos que presenten a solicitude de forma agrupada deben cumprir o previsto nas bases xerais sobre a conta xeral e a súa presentación perante os órganos de control externo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal).
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de modo presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realice a emenda.
Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).