SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687911 Subvencións por concorrencia non competitiva para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalizaión lingüística dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincida de Pontevedra

Concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a crear, manter e reforzar os servizos de normalización lingüística dos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra no período que abrangue do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2020.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 17 de xullo de 2020 ata o 17 de agosto de 2020

Poderán solicitar esta liña de axudas as entidades públicas que teñan as seguintes características:

  • No caso de que a axuda se solicite para a creación do SNL:

-  Poderán solicitar estas subvencións os concellos da provincia de Pontevedra de máis de 5.000 habitantes e de ata un máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, entre elas, cheguen a esa cifra mínima.

  • No caso de que a axuda se solicite para o mantemento ou reforzo do SNL:

- Poderán solicitar estas subvencións os concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un servizo lingüístico.

- Poderán optar os concellos que conten con este Servizo e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.

Só se pode presentar unha solicitude por concello ou, de ser o caso, unha agrupación de concellos (os concellos que se agrupen non poderán solicitala individualmente).

O concello que forme parte dunha mancomunidade e decida solicitar a subvención individualmente ou agrupado con outro ou outros concellos deberá presentar unha renuncia expresa á prestación deste servizo por parte da mancomunidade ou agrupación de concellos á que pertenza.

Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias aqueles concellos nos que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Memoria explicativa asinada pola persoa solicitante na que se detalle:

No caso de creación do Servizo de Normalización Lingüística:

- Descrición do servizo que se quere implantar

- Declaración da relación do persoal na que se especifique se se trata de persoal funcionario ou de persoal laboral e da xornada para realizar

- Declaración da titulación académica na que se especifique: grao/licenciatura/licenciatura + Celga 5 ou diplomatura/grao (só válido para o caso de mantemento de SNL anteriores a 2007)

- Declaración do grupo, na que se especifique: A1, A2 ou I, II

No caso de mantemento do Servizo de Normalización Lingüística:

- Descrición do servizo actual con alcance e características

- Declaración da relación do persoal do servizo na que se especifique se se trata de persoal funcionario ou de persoal laboral e da xornada para realizar

- Declaración da titulación académica do persoal na que se especifique: grao/licenciatura/licenciatura + Celga 5 ou diplomatura/grao (só válido para o caso de mantemento de SNL anteriores a 2007)

- Declaración do grupo ou grupos do persoal, na que se especifique: A1, A2 ou I, II

No caso de reforzo do Servizo de Normalización Lingüística:

- Descrición do servizo actual e alcance e características do reforzo proposto

- Declaración da relación do persoal do servizo actual e do reforzo na que se especifique: se se trata de persoal funcionario ou de persoal laboral e da xornada para realizar

- Declaración da titulación académica do persoal do servizo actual e do reforzo na que se especifique: grao/licenciatura/licenciatura + Celga 5 ou diplomatura/grao (só válido para o caso de mantemento de SNL anteriores a 2007)

- Declaración do grupo ou grupos do persoal do servizo actual e do reforzo, na que se especifique: A1, A2 ou I, II

  • Orzamento detallado de gastos, asinado pola persoa solicitante
  • As agrupacións de concellos que se constitúan para o mantemento en común deste servizo presentarán de modo telemático a seguinte documentación

- Certificación acreditativa do acordo de solicitude da agrupación de concellos

- Certificación do nomeamento dunha ou dun representante legal para estes efectos

- Declaración na que conste o concello que vai recibir o importe da achega e que deberá presentar a documentación para o pagamento e a súa xustificación

- Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións das administracións tributarias correspondentes e da Tesourería da Seguridade Social. Todos os concellos que se agrupen deben estar ao corrente coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento da concesión

- Todos os concellos que presenten a solicitude de forma agrupada deben cumprir o previsto nas bases xerais sobre a conta xeral e a súa presentación perante os órganos de control externo

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal).

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de modo presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realice a emenda.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Real decreto 887/2006, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións e a demais lexislación de aplicación.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación