612698 Programa en Ruta coa Depo - Solicitude de participación
Descrición
Dirixido a
Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra.
As entidades terán a posibilidade de presentar a súa solicitude de forma conxunta, de acordo co establecido na base cuarta.
Só se concederá unha ruta por entidade e NIF, solicitada de forma individual ou conxunta.
Documentación requirida
As entidades interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:
Certificado acreditativo do cargo da persoa representante da entidade (anexo II)
Relación de persoas solicitantes de prazas gratuítas (anexo III), de ser o caso, segundo o establecido na base décimo cuarta
Declaración de pluralidade de persoas solicitantes, no caso de presentación de solicitudes de forma conxunta (Anexo VI)
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).