SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

612698 Programa en Ruta coa Depo - Solicitude de participación

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, convoca o programa “En ruta coa Depo” coa finalidade de crear espazos de unión e convivencia para as diferentes entidades participantes, promovendo a igualdade de acceso aos recursos, especialmente para as persoas con diversidade funcional, ademais de actividades alternativas de lecer e tempo libre para a mocidade, promovendo o asociacionismo xuvenil e o lecer dinámico e saudable.

O presente procedemento diríxese a entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra co obxecto da concesión dunha excursión dentro da provincia de coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade. 

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 4 de febreiro de 2020 ata o 24 de febreiro de 2020.

Poderán participar neste programa todas as entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra.

As entidades terán a posibilidade de presentar a súa solicitude de forma conxunta, de acordo co establecido na base cuarta.

Só se concederá unha ruta por entidade e NIF, solicitada de forma individual ou conxunta.

As entidades interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificado acreditativo do cargo da persoa representante da entidade (anexo II)
  • Relación de persoas solicitantes de prazas gratuítas (anexo III), de ser o caso, segundo o establecido na base décimo cuarta
  • Declaración de pluralidade de persoas solicitantes, no caso de presentación de solicitudes de forma conxunta (Anexo VI)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia