SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

611071 Programa Depo en Marcha - Solicitude de participación

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en funcionamento a segunda edición do programa “Depo en marcha” para o ano 2020, no marco do benestar social e das actividades de lecer e de tempo libre dirixido a entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra.

O catálogo do programa contempla as seguintes temáticas:

  • Traballando coas mans
  • Entre fogóns
  • Aprendendo da natureza
  • Móvete
  • Activando corpo e mente
  • Enredando
  • Dálle marcha
  • En rede

“Depo en marcha” 2020 ten por obxecto favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos obradoiros, englobados nas temáticas que figuran no catálogo e que teñen como finalidade favorecer a participación e a cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias que permitan fomentar a súa independencia para evitar así o illamento e as situacións de soidade.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 4 de febreiro de 2020 ata o 24 de febreiro de 2020. Acórdase a terminación por imposibilidade sobrevida deste programa cuxa realización devén en imposible no novo marco derivado da COVID-19.

Poderán beneficiarse do programa as entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra dalgunha das tipoloxías seguintes:

  1. Asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS) como entidades de iniciativa social dentro da área de maiores da provincia de Pontevedra
  2. Entidades que figuren no Rexistro xeral de asociacións, recollidas dentro da provincia de Pontevedra e clasificadas nas seguintes categorías tipo: terceira idade, pensionistas e xubilados
  3. Asociacións de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas e xubiladas, non recollidas nas anteriores
  4. Entidades que, sen estaren rexistradas nas categorías anteriores, xustifiquen o seu labor no ámbito das persoas maiores

As entidades interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificado da acreditación do cargo ou copia da acta de constitución da Xunta Directiva (anexo II)
  • Memoria xustificativa das actividades e do labor levado a cabo no ámbito das persoas maiores, só necesaria para aquelas entidades integradas no punto 4 da base segunda, sobre persoas beneficiarias (anexo III)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia