Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

611071 Programa Depo en Marcha - Solicitude de participación

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, convoca o programa “Depo en Marcha” coa finalidade de favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos obradoiros que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida; establecer relacións sociais e fomentar a participación en actividades que melloren o seu estado anímico; potenciar movementos de participación e de cooperación social; promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a súa independencia para evitar o illamento e as situacións de soidade.

A institución provincial convoca este programa no marco do benestar social e das actividades de lecer e de tempo libre dirixido ás entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas, ofrecendo inicialmente un total de 130 obradoiros, que poderán verse incrementados en función do prezo da adxudicación por actividade resultante do proceso de licitación que se convoque.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 4 de febreiro de 2019 ata o 22 de febreiro de 2019

Poderán beneficiarse do programa as entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra dalgunha das tipoloxías seguintes:

                  1) Asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS) como entidades de iniciativa social dentro da área de maiores da provincia de Pontevedra

                  2) Entidades que figuren no Rexistro xeral de asociacións, recollidas dentro da provincia de Pontevedra e clasificadas nas seguintes categorías tipo: terceira idade, pensionistas e xubilados

                  3) Asociacións de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas e xubiladas, non recollidas nas anteriores

                  4) Entidades que, sen estaren rexistradas nas categorías anteriores, xustifiquen o seu labor no ámbito das persoas maiores

As entidades interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificado da acreditación do cargo ou copia da acta de constitución da Xunta Directiva (anexo II)
  • Memoria xustificativa das actividades e do labor levado a cabo no ámbito das persoas maiores, só necesaria para aquelas entidades integradas no punto 4 da base segunda, sobre persoas beneficiarias (anexo III)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra