613835 Solicitude de participación no programa “Depotermal”
Descrición
Dirixido a
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
Nacer antes do 1 de xaneiro de 1970
No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1970 ou nunha data posterior, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente
No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1970 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos
No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.
As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:
Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio
Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria
No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa
Documentación requirida
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:
Informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos para xustificar a condición de persoa beneficiaria do respiro familiar; tal situación quedará reflectida no modelo (anexo V)
No caso das prazas reservadas subvencionadas, valoración social referida na base oitava nos termos establecidos nesta convocatoria (anexo III)
Como facelo
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra.