Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público

  • Obxecto: convocatorias de procesos de selección para o acceso ao emprego público da Deputación de Pontevedra a través dos diferentes sistemas de selección recollidos na lexislación vixente, para a provisión de prazas de persoal funcionario de carreira e persoal interino, e postos de traballo de persoal laboral fixo ou temporal
  • Prazo: para participar nos procesos de selección será necesario facelo a través da solicitude habilitada para ese efecto, que terá que presentarse de forma presencial nos rexistros da Deputación, por correo postal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACPA)
  • Unidade administrativa responsable: Servizo de Recursos Humanos e Formación
  • Normativa aplicable:

                  •Bases do proceso de selección correspondente

                  •Artigo 55 e seguintes do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do estatuto do empregado público

                  •Artigo 49 e seguintes da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia

                  •Artigo 18 e seguintes do V Acordo regulador para persoal funcionario da Deputación de Pontevedra

                  •Artigo 15 e seguintes do I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra

  • Todas aquelas persoas que desexen formar parte dalgún dos procesos de selección que convoque a Deputación de Pontevedra

Modelo de solicitude acompañada de:

     - Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente

     - Fotocopia da titulación esixida na convocatoria

     - Fotocopia do pagamento das taxas do exame, de ser o caso

     - Calquera outro tipo de documentación que esixan as bases da convocatoria segundo a natureza do posto ou praza á que se opte

As convocatorias que aproban as bases dos procesos selectivos publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

O prazo para a presentación de solicitudes será o sinalado en cada convocatoria.

De acordo coa lexislación vixente en materia de Administración electrónica, coa finalidade de facilitar a relación entre a cidadanía e a Administración e de mellorar a eficiencia no uso dos recursos públicos, a solicitude poderá realizarse vía web, para o que deberán seguirse os seguintes pasos:

  1. Encher os datos do formulario oficial de solicitude e facer clic en “enviar datos”
  2. Descargar e imprimir o xustificante xerado na web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de solicitude
  3. Presentar o xustificante xerado durante o proceso de solicitude, dentro do prazo establecido nas bases, xunto coa documentación esixida, nos rexistros da institución provincial ou de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP
  4. Non presentar o xustificante no prazo habilitado implica a exclusión no proceso correspondente

No Rexistro xeral do organismo provincial facilitaráselles ás persoas interesadas o modelo de solicitude.


Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra