Para seren admitidas na realización das probas selectivas as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos que se establezan nas respectivas bases específicas de ingreso.
Documentación requirida
As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
Copia do título do Celga correspondente, no caso de solicitar a exención do exame de tradución
Como facelo
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado para a presentación presencial “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).
Normativa
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
V Acordo regulador para persoal funcionario da Deputación de Pontevedra
I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra