SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

215828 Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega

Subvencións para as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega, co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu termo municipal dirixidas a promover, fomentar e difundir o emprego da lingua galega.

A Deputación de Pontevedra concederá, en réxime de concorrencia competitiva, axudas económicas dirixidas ás entidades culturais sen fins de lucro da nosa provincia para as actividades que fomenten o uso e o prestixio do galego no conxunto da sociedade e que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019 a través das seguintes accións:

  • Fomento da creación e da difusión cultural en lingua galega
  • Sociolingüística e toponimia
  • Fomento do emprego do galego no comercio e na industria
  • Recoñecementos e distincións

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 22 de marzo de 2019 ata o 15 de abril de 2019.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (feito que se debe acreditar cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputació

Non poderán beneficiarse destas subvencións as ANPA nin as asociacións que teñan pendentes de xustificar subvencións para actividades culturais concedidas no exercicio anterior.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Memoria explicativa dunha actividade concreta, asinada pola persoa representante. En ningún caso se subvencionarán as actividades que se realicen ao longo de todo o ano, senón unicamente unha actividade concreta da que se terá que indicar o lugar e a data de realización
  • Orzamento pormenorizado e totalizado (no que se inclúan as cantidades, os pesos unitarios e o IVE detallado) dunha actividade concreta e determinada, asinado pola persoa representante

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local