SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

215828 Subvencións dirixidas ás entidades sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega

Procedemento de concesión de subvencións para as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu termo municipal dirixidas a promover, fomentar e difundir o emprego da lingua galega.

A Deputación de Pontevedra concederá, en réxime de concorrencia competitiva, axudas económicas dirixidas ás entidades culturais sen fins de lucro da nosa provincia para as actividades que fomenten o uso e o prestixio do galego no conxunto da sociedade e que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 a través das seguintes accións:

a. Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega

— Certames literarios e xornalísticos

— Creación audiovisual e literaria

— Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega

b. Sociolingüística e toponimia

— Estudos e publicacións sobre sociolingüística

— Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia

c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria

— Xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega

d. Recoñecementos e distincións

— Actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizos Lingüísticos

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 28 de outubro de 2020 ata o 27 de novembro de 2020

Poderán solicitar estas subvencións as entidades xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (feito que se debe acreditar cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación

Non poderán beneficiarse destas subvencións as ANPA nin as asociacións que teñan pendentes de xustificar subvencións para actividades culturais concedidas no exercicio anterior.

Cada entidade pode presentar unha única solicitude para optar a esta convocatoria, na que se indicará a actividade concreta que se vai realizar.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

— Memoria explicativa dunha actividade concreta, asinada pola persoa representante. En ningún caso se subvencionarán as actividades que se realicen ao longo de todo o ano senón unicamente unha actividade concreta, da que se terá que indicar o lugar e a data de realización

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de modo presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

Para a presentación das solicitudes a Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
  • Ordenanza reguladora de subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra