Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

215186 Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para as actividades culturais do Ano da Música

Subvencións para promover, fomentar e difundir as actividades culturais que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual. Serán prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais, en especial as actividades dirixidas á reivindicación e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra, contribuíndo deste xeito á difusión, mantemento e recuperación da nosa cultura e tradicións.

A Deputación de Pontevedra concederá, en réxime de concorrencia competitiva, axudas económicas dirixidas ás entidades culturais sen fins de lucro da nosa provincia para as actividades culturais do Ano da Música que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

Poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

  • Xornadas e eventos relacionados coa memoria histórica
  • Actividades relacionadas co patrimonio histórico-artístico, arqueolóxico e natural
  • Actividades para a posta en valor do patrimonio inmaterial propio das vilas e comarcas da nosa provincia (costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos)
  • Festivais, mostras, encontros e certames culturais
  • Certames e actividades de posta en valor da pintura, escultura, arquitectura e banda deseñada
  • Intercambios culturais para potenciar o patrimonio musica

Quedan excluídos desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, os seguintes conceptos:

  • As actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación
  • Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos bancarios, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realizan ao longo de todo o ano
  • As viaxes de lecer, as excursións, as festas gastronómicas e as festas populares
  • Os gastos gastronómicos, agás naqueles casos de intercambios culturais a fóra da comunidade autónoma e que garden relación directa coa actividade
  • Actividades que ocasionen ou xustifiquen o maltrato de persoas ou animai
  • Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 25 de marzo de 2019 ata o 15 de abril de 2019.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (feito que se debe acreditar cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputació

Non poderán beneficiarse destas subvencións as ANPA nin as asociacións que teñan pendentes de xustificar subvencións para actividades culturais concedidas no exercicio anterior.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Memoria explicativa dunha actividade concreta, asinada pola persoa representante. En ningún caso se subvencionarán as actividades que se realicen ao longo de todo o ano, senón unicamente unha actividade concreta da que se terá que indicar o lugar e a data de realización
  • Orzamento pormenorizado e totalizado (no que se inclúan as cantidades, os prezos unitarios e o IVE detallado) dunha actividade concreta e determinada, asinado pola persoa representante

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra