Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.
Poderán solicitar estas subvencións as entidades xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:
Carecer de fins de lucro
Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra ou acreditar que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia ou, no seu caso, que a súa actividade beneficia a cidadanía da provincia de Pontevedra
Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia
Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra
Non poderán beneficiarse destas subvencións as ANPA nin as asociacións que teñan pendentes de xustificar subvencións para actividades culturais concedidas no exercicio anterior.
Só se poderá conceder unha subvención por entidade no ámbito desta convocatoria.
Documentación requirida
Cada entidade pode presentar unha única solicitude para optar a esta convocatoria, na que se indicará a actividade concreta que se vai realizar.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Memoria explicativa dunha actividade concreta, asinada pola persoa representante. En ningún caso se subvencionarán as actividades que se realicen ao longo de todo o ano, senón unicamente unha actividade concreta, da que se terá que indicar o lugar e a data de realización
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra(https://sede.depo.gal) de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei do procedemento administrativo común das administración públicas (LPACAP).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).