Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

214908 Autorización para a consulta de datos do Rexistro de Delincuentes Sexuais

Esta autorización permítelle á Administración obter a certificación expedida polo Rexistro Central de Delincuentes Sexuais do Ministerio de Xustiza, que é un requisito indispensable para o acceso e o exercicio das profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores e que acredita o feito de non ser condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por tráfico de seres humanos, ou polo contrario a existencia de tales antecedentes. Así vén recollido no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor (ampliado polo artigo 1.8 da Lei 26/2015, de 8 de xullo)

Se a persoa interesada non autoriza a Administración para a consulta destes datos deberá presentar directamente o certificado, que pode obter por algunha das vías detalladas na páxina do Ministerio de Xustiza

Prazo: no momento que exista unha relación laboral que implique contacto habitual con menores

Unidade administrativa responsable: Servizo de Recursos Humanos e Formación; Centro Príncipe Felipe

Normativa aplicable:

                  • Artigo 13.5 da Lei 1/1996, de protección xurídica do menor

                  • Artigo 9.2 do Real decreto 1110/2015, de 11 de decembro, de Rexistro Central de Delincuentes Sexuais

                  • Artigo 16 c do Real decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o sistema de rexistros administrativos de apoio á Administración

Todas as persoas que manteñan unha relación de carácter laboral, funcionarial ou formativa na Deputación de Pontevedra que implique un contacto habitual con menores

• Documento de autorización debidamente cuberto:

                  - Declaración responsable  

• A presentación deste escrito realizarase de forma presencial nos rexistros da institución provincial, por correo postal ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas


Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra