SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2408145 Admisión dos usuarios na escola infantil 0-3 anos de Príncipe Felipe

Convocatoria anual para o acceso a Escola Infantil de admisión dos nenos e nenas de 3 meses a 3 anos na Escola Infantil 0-3 anos de Centro Príncipe Felipe na Deputación de Pontevedra para o curso 2021-2022.

Regúlase o proceso de   de admisión así como o procedemento que propicie a renovación de prazas dos nenos e das nenas actualmente matriculados no presente curso escolar.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Centro Príncipe Felipe

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 9 de abril de 2021 ata o 30 de abril de 2021. Prazo aberto todo o ano no caso de existir prazas dispoñibles

No caso de solicitude de praza novo ingreso, poderán solicitar praza os pais, nais, titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas cuxas idades correspondan aos niveis de primeiro ciclo de Educación Infantil, de tres meses cumpridos antes do 1 de setembro do curso escolar para o que se solicita admisión.

A idade máxima de admisión dos nenos e das nenas na Escola Infantil Príncipe Felipe será de 2 anos, cumpridos no ano natural no que se solicita a praza.

No caso de solicitude de praza de renovación, os pais, nais, titores/as ou representantes legais con nenos/as matriculados na Escola Infantil Príncipe Felipe no curso actual e que desexen renovar praza para o curso próximo deberán solicitalo polo medio que se determina nas presentes bases.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda e sempre que sexa de aplicación:

  • Anexo I - Relación das persoas integrantes da unidade familiar e comprobación de datos
  • Copia do libro de familia
  • Acreditación de familia monoparental, de ser o caso. No caso de que as persoas integrantes da unidade familiar suxeitas a tributación non conten coa declaración do IRPF do ano 2019, será imprescindible achegar un certificado de ingresos correspondentes ao ano 2019, expedido pola Axencia Tributaria, das persoas integrantes da unidade familiar
  • De ser o caso, será necesario achegar xustificación de pensións non contributivas ou xustificación de prestacións sociais (RISGA, integración familiar, subsidios, axuda de emerxencia social, prestacións por filla ou fillo a cargo, axudas a emigrantes retornados) e, se é o caso, pensións procedentes do estranxeiro. Todos estes documentos corresponderanse co exercicio fiscal do ano 2019
  • De ser o caso, informe acreditativo do/da menor con necesidades educativas especiais

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal)

Opcionalmente, tamén poderán ser presentadas as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

A solicitude terá que estar asinada por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos os casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.

Outra normativa aplicable:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galici
  • Decreto 329/2005, do 28 xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
  • Lista provisional de novo ingreso (enlace)
  • Lista provisional de renovación (enlace)
  • Publicación da listaxe definitiva de adxudicación de prazas na Escola Infantil 0-3 Príncipe Felipe para o curso 2021-2022 (ligazón)