SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1977369 Obtención da Categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO_DAN) e Deportista Promesa (DEPO_PROMESA)

A Deputación de Pontevedra, no marco do desenvolvemento do Plan estratéxico de deportes, busca seguir traballando no fomento do tecido asociativo dentro da provincia coa aprobación de liñas de colaboración para fomentar a práctica da actividade física e deportiva.

A Deputación de Pontevedra, ao amparo do seu plan estratéxico, quere crear unha imaxe de marca provincial para fomentar e recoñecer as e os deportistas de alto nivel da provincia de Pontevedra, creando as categorías de deportista de alto nivel (DEPO-DAN) ou deportista promesa (DEPO-PROMESA) da provincia de Pontevedra.

A normativa aplicable para a obtención das diferentes categorías rexerase polo Decreto 165/2020, de 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, o Real decreto 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento e as bases reguladoras do procedemento.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 27 abril do 2021 ata o 18 de maio de 2021

Renovación da categoría DEPO_DAN:

As e os deportistas DEPO_DAN que estean recoñecidos na relación definitiva publicada no BOPPO núm. 51, de 13 de marzo, e no núm. 69, de 9 de abril de 2019, e continúen recoñecidos como deportistas de alto nivel pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou polo Consello Superior de Deportes na última lista publicada antes das bases, renovaráselles a condición de deportista de alto nivel pola provincia de Pontevedra de forma automática sen ter que facer ningún trámite.

Novas solicitudes da categoría DEPO_ DAN:

Para obter a condición de DEPO_DAN é necesario:

  1. Levar polo menos desde o 1 de xaneiro de 2019 empadroada ou empadroado na provincia de Pontevedra ou nacer nela e ter certo sentido de permanencia
  2. Estar en posesión da cualificación de deportista de alto nivel autonómico ou estatal na última lista publicada antes que estas bases polos organismos correspondentes
  3. Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria no ano 2019
  4. Non estar a cumprir unha sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave nin unha sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o goce dos beneficios derivados
  5. Non estar inmersa ou inmerso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

DEPO_PROMESA:

Para obter a condición de DEPO_PROMESA é necesario en todos os casos:

  1. Levar polo menos desde o 1 de xaneiro de 2019 empadroada ou empadroado na provincia de Pontevedra ou nacer nela e ter certo sentido de permanencia
  2. Ter entre 12 e 16 anos feitos como moi tarde o 31 de decembro de 2019
  3. Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria no ano 2019
  4. Non estar a cumprir unha sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave ou unha sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o gozo dos beneficios derivados
  5. Acreditar o nivel esixido pola Deputación de Pontevedra en base aos criterios de valoración que se establecen nesta convocatoria
  6. Non estar inmersa ou inmerso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificado deportivo (anexo I) emitido por las federaciones en el que se especifiquen la participación y la clasificación en las diferentes pruebas deportivas establecidas en los criterios de valoración.

As solicitudes deberán realizarse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Opcionalmente, as solicitudes tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

  • Bases (enlace as bases)
  • Decreto 165/2020, de 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia
  • Real decreto 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local