SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2409313 Solicitude doazón de especies vexetais para a súa plantación en xardíns públicos da provincia de Pontevedra

Procedemento que regula a doazón de especies vexetais, excedentes dos traballos de investigación en desenvolvemento na EFA, especialmente do xénero Camellia, para a plantación nos concellos, centros educativos, institucións ou asociacións e particulares, todos eles con xardíns abertos ao público, da provincia de Pontevedra, coa finalidade de enriquecer a diversidade botánica e o patrimonio vexetal dos parques e xardíns da nosa provincia, mellorando a oferta turística e a paisaxe e preservando os valores ambientais que poidan verse afectados pola execución dos xardíns. As fichas técnicas que se entregarán coas plantas, que inclúen a identificación das especies e información xeral, reforzarán o carácter educativo e turístico destes xardíns e das áreas integradas nestas doazóns

A Deputación informará das especies vexetais dispoñibles cada ano (anexo I) e cada beneficiario poderá solicitar ata 35 exemplares de diferentes especies e/ou cultivares.

Para ampliar a diversidade e a finalidade didáctica da acción, en todos os casos se entregará un máximo de 5 exemplares da mesma especie ou cultivar persoa beneficiaria.

No formulario de solicitude a persoa interesada fará constar se solicita só camelias ou tamén outras especies arbóreas e as datas máis apropiadas para a entrega (dentro do período de doazón) para evitar retrasos na plantación unha vez recollidos os exemplares.

Especies vexetais que se poden solicitar: https://www.depo.gal/doazon-de-especies-vexetais

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 6 de maio de 2021 ata o 31 de maio de 2021

Poderán acceder á convocatoria todos os concellos, centros educativos, institucións ou asociacións e particulares, todos eles con xardíns abertos ao público, situados na provincia de Pontevedra. Cada persoa beneficiaria poderá presentar unha única solicitude por convocatoria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Memoria xustificativa que incluirá un bosquexo (plano sinxelo) do lugar onde se localizarán os exemplares solicitados.
  • Fotos da zona onde se localizarán os exemplares.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra de acordo co establecido no artigo 14.2 da LPACAP. Para iniciar o procedemento é preciso premer na icona que se atopa na marxe superior e inferior dereita que pon "en liña".

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa aplicable:

  • Lei 39/2015,  do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 7/1985,  do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Ordenanza reguladora de subvencións da Deputación de Pontevedra