SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2103298 Inscrición no proceso de selección do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” en empresas e corporacións sectoriais

Procedemento de selección das persoas beneficiarias das subvencións destinadas á contratación laboral en prácticas de tituladas e titulados universitarios e de formación profesional de ciclo superior sen experiencia laboral previa co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse en empresas e corporacións sectoriais da provincia seleccionadas como entidades colaboradoras e as e os titulados universitarios e de formación profesional de ciclos superiores co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción e Emprego

Prazos para o seu inicio e finalización: Desde o 21 de xuño de 2021 ata o 9 de xullo de 2021

As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras seleccionadas (respecto ás titulacións que saian na listaxe definitiva) e as persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclos superiores que cumpran as condicións establecidas a continuación, sen prexuízo do respecto á normativa laboral para este tipo de contratos:

  1. Estar en posesión dun título universitario ou de formación profesional de grao superior ou de títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional. A estes efectos só se terán en conta as titulacións definitivas solicitadas polas empresas establecidas no Anexo I.
  2. Que no momento da contratación non transcorresen máis de cinco anos, ou máis de sete cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.
  3. Non ter experiencia laboral previa na titulación obxecto do contrato (nos grupos de cotización 1 ou 2 para titulacións universitarias e nos grupos 3 ou 5 para ciclos superiores) ou non ter estado dada de alta como persoa autónoma en actividades relacionadas coa titulación, por un tempo superior a 6 meses ou a 184 días.
  4. Non ter estado contratada en prácticas por tempo superior a 6 meses nin estar contratada en prácticas no momento da selección (para o cal se terá en conta dende o día seguinte á data de publicación da convocatoria no BOPPO) nalgún dos programas de “O teu primeiro emprego”.
  5. Tratarse de persoas desempregadas ou co cartón de mellora de emprego, inscritas no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas así como os requisitos establecidos nestas bases.
  6. Estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO.

As persoas solicitantes deberán achegar coa súa inscrición a seguinte documentación:

  • Copia do expediente académico da titulación obxecto da selección que inclúa a información necesaria para a realización do cálculo a que se refire a base 9.a) en consonancia co Real Decreto 1125/2003, de 5 de setembro e co RD 1147/2011, de 29 de xullo para os niveis de estudos correspondentes.
  • Vida laboral actualizada da persoa solicitante

As solicitudes realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Opcionalmente, tamén poderán ser presentadas as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local