SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

716003 Subvencións a entidades sen fins de lucro para apoiar o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra

Axudas económicas destinadas a organización de festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra, que dediquen unha especial atención á programación e a difusión da música e do teatro galego, ademais doutras variantes artísticas, e que se levasen a cabo como mínimo en tres edicións consecutivas nos catro últimos anos.

Deste xeito establécense dúas modalidades de actuación dentro desta convocatoria:

1.1. Modalidade de festivais de música

1.2. Modalidade de festivais de artes escénicas

2. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

2.1. Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia e igualdade

2.2. Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados por esta Administración

2.3. Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos

A concesión das axudas de acordo co establecido no punto anterior efectuarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva establecido no artigo 22.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e na Ordenanza xeral de subvencións (OXS) publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 249, do 30 de decembro de 2016.

Quedan excluídas desta convocatoria, e polo tanto non serán obxecto de subvención, as actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación, como festivais e certames organizados por bandas de música, asociacións e grupos folclóricos, rondallas, agrupacións e masas corais

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 24 de febreiro de 2021 ata o 8 de abril de 2021.

Poderán solicitar estas subvencións as asociacións que reúnan os seguintes requisitos:

• Carecer de fins de lucro

• Desenvolver a actividade principal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra

• Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas

• Non estar incursas nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

• Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda estatal, coa autonómica e coa Deputación de Pontevedra

Cada entidade pode presentar unha única solicitude para optar a esta convocatoria, na que se indicará a actividade concreta que se vai realizar, achegando a seguinte documentación:

a) Memoria completa e detallada do proxecto para o que se solicita a subvención asinada pola persoa representante e que achegue os datos solicitados para este, que se axustarán aos criterios de valoración especificados na letra b) da base décima.

No caso de acreditar a presenza de máis de 15 compoñentes galegos, fotocopias cotexadas dos seus DNI ou certificados de empadroamento.

b) Memoria completa e detallada da última edición do festival asinada pola persoa representante na que se detallen a súa antigüidade e as especificacións axustadas aos criterios de valoración que aparecen na letra a) da base décima. Con esta memoria achegarase unha declaración responsable sobre a veracidade da información, que a Deputación de Pontevedra poderá comprobar en calquera momento.

Dada excepcionalidade xerada pola COVID-19 na organización e posta en marcha dos festivais musicais e de artes escénicas da provincia, poderanse achegar as memorias dos festivais das edicións dos anos 2019 ou 2020, segundo mellor o consideren

c) Dossier de prensa da última edición do festival.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local