SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2414503 Matrícula dos usuarios na escola infantil 0-3 anos de Príncipe Felipe

Procedemento en prazo de presentación.

Convocatoria anual para a matrícula a Escola Infantil dos nenos e nenas de 3 meses a 3 anos na Escola Infantil 0-3 anos de Centro Príncipe Felipe na Deputación de Pontevedra para o curso 2021-2022.

Regúlase o proceso de matrícula.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Centro Príncipe Felipe

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 10 de xuño de 2021 ata o 23 de xuño de 2021. Prazo aberto todo o ano no caso de existir prazas dispoñibles.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda e sempre que sexa de aplicación:
  • Cartilla de vacinación do neno/a.
  • Tarxeta sanitaria do neno/a.