SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687344 Adhesión ao plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais

Procedemento en prazo de presentación.

Segundo o establecido no artigo 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, as deputacións proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios municipais.

É labor da Deputación de Pontevedra apoiar as corporacións locais da provincia que presten servizos sociais comunitarios municipais, en virtude das competencias atribuídas no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), que establece a competencia propia das deputacións provinciais para a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, polo artigo 109.1.b) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia (LALG); o artigo 63 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (LSSG); e o artigo 31 do citado Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro.

A presente convocatoria ten por obxecto regular a concesión de subvencións dirixidas aos concellos especificados nas base segunda, destinadas ao financiamento do servizo de axuda no fogar (SAF) básico dos concellos de menos de 20.000 habitantes, e o financiamento a estas entidades para a contratación de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profusiones diferentes e complementarios aos do persoal profesional de referencia, que se establece no artigo 37 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 26 de xaneiro de 2021 ata o 25 de febreiro de 2021

Serán destinatarios destas subvencións os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

Non poderán ser beneficiarios destas os concellos que non estean ao corrente das obrigas tributarias para a percepción de axudas públicas coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA) e/ou coa Seguridade Social, circunstancias que serán comprobadas nas condicións establecidas na base sétima.

No que atinxe ao cumprimento das obrigas coa Facenda provincial, estarase ao disposto nos artigos 10.10 e 27.3 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra e no apartado 4 da base 25 das Bases de execución do orzamento, referido á compensación de débedas coas entidades locais.

Os concellos interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

A)    Proxecto descritivo dos servizos sociais comunitarios municipais (anexo II), segundo o modelo normalizado dispoñible en (https://sede.depo.gal)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)

O órgano competente para presentar as solicitudes electronicamente e todos os trámites relacionados co expediente é a alcaldesa ou o alcalde, ou a persoa en quen delegue. No suposto de que delegue a súa presentación, deberá acreditar a representación da persoa designada para levar a cabo a tramitación administrativa do expediente.

Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se tal emenda se realizase fóra do prazo de presentación de solicitudes esta deberá limitarse á presentación electrónica do que xa se entregou presencialmente, sen que se poidan engadir outros datos ou documentos ou rectificar os xa achegados.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que prevé a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Ley 39/2015, do 1 de octubre, del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas
  • Ley 38/2003, do 17 de noviembre, general de subvenciones.
  • Ley 7/1985, do 2 de abril, reguladora de las bases del régimen local