SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1997815 Solicitude de participación no curso teórico-práctico sobre os elementos económicos básicos dos contratos do sector público (orzamento base de licitación, valor estimado do contrato e prezo)

Procedemento en prazo de presentación.

Actividade formativa en modalidade en liña a través da plataforma de teleformación da Deputación de Pontevedra, na que se tratarán os elementos económicos básicos dos contratos do sector público.

A formación terá unha duración de 20 horas lectivas distribuídas entre contidos teóricos e prácticos que se desenvolverán entre o 27 de outubro e o 3 de novembro de 2020.

O alumnado deberá dispoñer dun equipo que teña a configuración técnica necesaria para acceder a internet.

Prazo de resolución: 1 mes

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Asistencia Intermunicipal (SAIM)

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 8 de outubro de 2020 ata o 23 de outubro de 2020.

A formación está dirixida preferentemente a membros electos das Corporacións Locais (Alcaldesas e Alcaldes, Concelleiros/as, Deputadas e Deputados Provinciais), así como ao persoal empregado público da administración local con habilitación de carácter nacional e dos grupos A-1 e A-2 que desenvolvan funcións relacionadas co contido do programa nas entidades locais da provincia de Pontevedra.

O número de prazas dispoñibles será de 50; no caso de que non se cubrisen todas, serán admitidas as solicitudes doutros grupos que desenvolvan funcións relacionadas co contido do programa.

Igualmente, se a demanda da formación fose considerablemente superior ao número de prazas ofertadas, estudiarase a ampliación da mesma, non podendo en ningún caso ser superior a 70.

O persoal solicitante debe atoparse en situación de servizo activo, ou ben estar gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, por adopción internacional ou en situación de excedencia por coidado de fillas, fillos e outros familiares, segundo se establece nos artigos 121.6 e 176.7 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Será impedimento para participar na acción formativa atoparse en situación de incapacidade temporal.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e)

Bases: (Ligazón ás bases)

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local