SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1934732 Subvencións para o financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas

Procedemento en prazo de presentación.

Concesión de subvencións públicas destinadas a financiar os custos derivados da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra durante o ano 2021 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Turismo

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 11 de febreiro de 2021 ata o 10 de marzo de 2021

Poderán solicitar estas subvencións as entidades locais que integran a Administración Local da provincia de Pontevedra e os organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes delas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Dispor dunha oficina de turismo ou punto de información turística adherida á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas á que se adscribirá o persoal cuxo custo de financiación será obxecto de subvención.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).
  • Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
  • Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
  • Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.

As entidades locais interesadas deberán achegarán a solicitude normalizada dispoñible na Sede electrónica.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal (CÓDIGO SIA 1934732), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No caso de presentar a solicitude de forma presencial, requiriráselle para que a emende mediante a presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizara a emenda.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Soamente se admitirá unha única solicitude de subvención por cada entidade solicitante.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local