SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

750589 Subvencións dirixidas a cooperativas agrogandeiras da provincia de Pontevedra para investimentos

Procedemento en prazo de presentación.

Subvencións dirixidas ás cooperativas da provincia de Pontevedra que outorgue a Deputación, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva.

Son actuacións susceptibles de axuda as accións que apoien as entidades agrogandeiras en proxectos destinados á recuperación posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto:

a) A comercialización, a transformación e a valorización das producións

b) A formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica

c) O uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e o aforro enerxético

d) Investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa:

  • Axudas para a adquisición de terreos para aumentar a base territorial das instalacións cooperativistas
  • Axudas para investir en maquinaria agrícola, obras, construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios e os seus accesos
  • Axudas para adquirir equipamentos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que prestan estas entidades

As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras para o mesmo fin.

Prazo de resolución:  6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Medio Ambiente

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 12 de abril de 2021 ata ao 7 de maio de 2021.

Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira legalmente constituída que desenvolva a súa actividade na provincia de Pontevedra.

Para todas as actuacións

Copia dos estatutos da entidade

Memoria descritiva do investimento que se vai realizar, na que se especifiquen as características técnicas dos equipamentos, das obras, dos estudos técnicos e do mobiliario, entre outros:

(i) Unha breve descrición do investimento que se vai realizar, que permitirá comprobar que é subvencionable nesta convocatoria

(ii) Orzamento asinado e detallado da actividade ou investimento para realizar

(iii) O calendario de realización do investimento durante o ano en curso

(iv) O número de postos de traballo que se van crear, no seu caso

(v) Resumo do balance anual de perdas e ganancias da cooperativa

(vi) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de corenta mil (40.000,00 sen IVE) euros, no suposto de execución de obras, ou de quince mil (15.000,00 sen IVE) euros, no caso de subministracións de bens de equipamento, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras antes da contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da axuda (artigo 31.3 da LXS). Esta situación deberase acreditar no expediente da subvención concedida

No caso de realización de obras

Orzamento da execución por capítulos ou memoria valorada coas unidades de obra desagregadas e co seu prezo unitario

Acreditación da titularidade do ben sobre o que se vai realizar o investimento ou o acordo de cesión, no seu caso

Se as obras superasen os cincuenta mil (50.000,00) euros presentarase unha reportaxe fotográfica do estado actual, segundo o establecido no artigo 15.5 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación

No caso de adquisición de terras

Documento de compromiso de adquisición, precontrato ou similar ou acreditación da adquisición cunha copia dixitalizada do documento de compra

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica, coa concesión dun prazo de 10 días hábiles ao respecto. En todo caso, se tal emenda se efectuase fora do prazo de presentación de solicitudes, limitarase á presentación electrónica do previamente presentado presencialmente en papel, sen que podan engadirse outros documentos ou rectificar os xa aportados.

Isto sen prexuízo da emenda en xeral que, no seu caso, procedese de acordo coas bases ou segundo o art. 68.1 da Lei 39/2015.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación