SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687347 Subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero

Procedemento en prazo de presentación.

A Deputación convoca esta liña de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos, programas e actividades para o fomento da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista na provincia de Pontevedra durante o ano 2021.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 26 de febreiro de 2021 ata o 25 de marzo de 2021.

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS), recollido no Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia
  • Carecer de fins de lucro
  • Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación
  • Que a actividade desenvolvida pola entidade cumpra as obrigas establecidas na Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes; no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade; na Lei orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, modificada pola Lei orgánica 11/2015, de 21 de setembro; coa demais lexislación vixente en materia de igualdade e co exercicio dos dereitos fundamentais das persoas

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, na que se deberá detallar o orzamento da actividade, a seguinte documentación:

  • Acreditación do cargo da persoa representante legal da entidade
  • Certificado de inscrición no RUEPSS da Xunta de Galicia
  • Relación das persoas integrantes da Xunta Directiva da entidade
  • Proxecto descritivo da actividade para a que se solicita a subvención asinado pola persoa representante da entidade. Este proxecto deberá contemplar como mínimo os seguintes datos: nome do proxecto, descrición, persoas beneficiarias, obxectivos, actividades, metodoloxía empregada, temporalización, equipo profesional dedicado ao proxecto (do que se incluirá o cargo, a titulación e a formación no eido do xénero e da igualdade), avaliación e coordinación/colaboración con outras entidades ou institucións

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da LPACAP.

No caso de presentar a solicitude de forma presencial, requirirase a súa emenda mediante a presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Cada entidade poderá presentar unha única solicitude ao abeiro desta convocatoria.

Outra normativa de referencia

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
  • Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.