Todas as persoas físicas ou xurídicas que ostenten a condición de persoa interesada nun procedemento en curso na Deputación de Pontevedra.
Como facelo
Os modelos xenéricos poderán utilizarse para realizar trámites electrónicos nun expediente existente na sede electrónica a través da súa descarga e presentación electrónica seleccionado “En liña”. Para isto, deberá indicar o servizo destinatario da actuación, así como o procedemento e/ou número de rexistro sobre o que quere realizar o trámite.
Ademais, estes modelos poderán descargarse para anexalos a unha solicitude ou para realizar trámites sobre outros expedientes e presentalos presencialmente, segundo o previsto na normativa reguladora do procedemento do que se trate.