SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2447059 Solicitude de bolsas para os deportistas olímpicos e paraolímpicos da provincia de Pontevedra

Procedemento en prazo de presentación.
A Deputación de Pontevedra co fin de colaborar coas e cos deportistas na súa participación neste 2021 nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokio 2020, promove a presente liña de axudas.
As bolsas destinaranse a apoiar e posibilitar a participación das e dos deportistas da provincia de Pontevedra nos Xogos de Tokio, premiando a representación da provincia de Pontevedra coa selección nacional nas diferentes modalidades dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokio 2020.
Prazo de resolución: 6 meses
Efectos do silencio administrativo: negativo
Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes
Prazos para o seu inicio e finalización: Desde o 9 de agosto de 2021 ata o 30 de setembro de 2021
Podrán beneficiarse de esta convocatoria las y los deportistas que cumplan los siguientes requisitos:
  • Participar como integrante en la selección nacional en los Juegos Olímpicos y Paralímpicos de Tokio 2020.
  • Llevar por lo menos desde el 1 de enero de 2021 empadronada o empadronado en la provincia de Pontevedra haber nacido en ella y tener cierto sentido de permanencia; en todo caso, será el órgano instructor el que determine el cumplimiento de este requisito tras analizar cada una de las solicitudes presentadas
  • No estar cumpliendo ninguna sanción disciplinaria o administrativa en materia deportiva de carácter grave o muy grave
  • No podrán obtener la condición de personas beneficiarias las y los solicitantes en los que concurra alguna de las circunstancias previstas en el artículo 10.2 de la Ley 9/2007, de 13 de junio , de subvenciones de Galicia (LSG).
As persoas solicitantes deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
  • Certificado deportivo emitido polas federacións correspondentes no que se certifique a participación nos Xogos Olímpicos e Paraolímpicos de Tokio 2020
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
As solicitudes poderán tamén presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Outra normativa aplicable:
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación (BOPPO 30/12/2016)
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local