SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2405922 Solicitude de autorización de alta, baixa ou modificación de persoas usuarias na plataforma de intercambio

Procedemento en prazo de presentación.

Procedemento a través do cal se xestiona a alta, baixa ou modificación na plataforma de intercambio do ORAL de aquelas persoas autorizadas dentro do cadro do persoal da entidade local.

Dentro do emprego desta ferramenta atopamos 3 tipos de perfiles distintos que son os seguintes:

1)    Solicitudes: Intercambio de solicitudes e realización de peticións.

2)    DOC_ORAL: Acceso á información de padróns, liquidacións contables e comunicacións destinadas ás entidades delegantes.

3)    Comprobación de debedores en vía executiva. 

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable:  Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto durante todo o ano

Todas aquelas persoas autorizadas dentro do cadro do persoal da entidade local.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal/web/

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común