SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2402251 Solicitude de anticipos de entidades delegantes

Procedemento en prazo de presentación.

Procedemento que permite solicitar anticipos a aqueles concellos e entidades da provincia de Pontevedra que delegaron a xestión, recaudación e inspección dos seus recursos de dereito público no ORAL.

As contías máximas para cada modalidade de anticipo son as seguintes:

·       Padróns de taxas e prezos públicos. Anticipo posterior á súa aprobación.

-          75% dos padróns

-          60% no caso de nova elaboración

·       Padróns de taxas e prezos públicos. Anticipo previo á súa aprobación.

-          70% do padrón aprobado no exercicio inmediatamente anterior, matizado pola recadación líquida efectiva.

-          60% nos padróns de nova elaboración.

·       Liquidacións do IBI aprobadas resultado de regularizacións catastrais.

-          60% das liquidacións aprobadas

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano.

Poderán solicitar as axudas os concellos e outras entidades da provincia de Pontevedra que delegaron a xestión, inspección e recaudación dos seus recursos de dereito público no ORAL.

Solicitude normalizada de anticipos a entidades delegantes aportando o anexo descargable coma documentación adxunta.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de forma electrónica debendo utilizar o modelo de solicitude normalizado habilitado ao efecto.

Se algún concello ou entidade presenta a súa solicitude de forma presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na se realice a emenda.

  • Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
  • Lei 58/2003, Xeral Tributaria
  • Real Decreto 1065/2007, que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicacións dos tributos
  • Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL (BOPPO 30/04/2013)
  • Orzamento Xeral da Deputación de Pontevedra para o exercizo 2021 (BOPPO 11/01/2021)