SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2300111 Declaración do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana

Procedemento en prazo de presentación.
Declaración do imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana. É un tributo directo que grava o incremento de valor que experimentan devanditos terreos e ponse de manifesto coma consecuencia da transmisión da propiedade dos terreos por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.
Prazo de resolución: 6 meses.

Efectos do silencio administrativo: negativo.

Unidade administrativa responsable: Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

Prazos para o seu inicio e finalización: o prazo para presentar as solicitudes será de 30 días hábiles para actos intervivos e de 6 meses prorrogables a 1 ano mediante solicitude para actos mortis causa.

Persoas físicas ou xurídicas, ou entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que transmitan o terreo ou transmitan ou constitúan o dereito real de goce limitativo do dominio sobre o mesmo, a título oneroso, ou aquelas que adquiran o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, a título lucrativo.

Xeral

  • NIF da persoa ou entidade declarante
  • Copia dos títulos de adquisición dos inmobles afectados polo acto a declarar (escritura de compravenda, doazón ou herdanza, pola que a persoa adquirise o seu dereito), no caso de posesión do inmoble por tempo inferior a 20 anos.
  • Outra documentación conforme a ordenanza fiscal do Concello delegante

Declaración por actos mortis causa

  • Copia da aceptación e adxudicación da herdanza ou, no seu defecto:
  • Certificado de defunción
  • Copia da certificación de derradeiras vontades
  • Copia do derradeiro testamento ou, no seu defecto, declaración de herdeiros
  • Copia do inventario liquidado de bens inmobles propiedade da persoa causante ou da autoliquidación do Imposto sobre Sucesións e Doazóns

Declaración por actos inter vivos

  • Copia simple da escritura pública formalizada ante notario que conteña o acto a declarar, ou, no seu defecto a documentación acreditativa da operación xurídica realizada debidamente liquida

Las solicitudes se presentarán preferentemente por medios electrónicos a través del formulario normalizado (ver el apartado “formularios relacionados”)

Para la presentación de las solicitudes a sede electrónica de la Diputación de Pontevedra admite los certificados electrónicos del sistema Cl@ve, que contempla la utilización de sistemas de identificación basados en claves concertadas (sistemas de usuario y contraseña) y certificados electrónicos (incluido el  DNIe).

Opcionalmente, podrán presentarse las solicitudes  presencialmente en cualquiera de los lugares y registros establecidos en la normativa reguladora del procedimiento administrativo común siempre que las personas interesadas no  estén obligadas a relacionarse con la administración a través de medios electrónicos.

  • RDLex. 2/2004, que aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
  • Lei 58/2003, Xeral Tributaria
  • RD 1065/2007, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicacións dos tributos
  • Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL (BOPPO 30/04/2013)
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto do Concello delegante