SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2263233 Premios Demo Day. Proxecto DepoEmprende na FP

Procedemento en prazo de presentación.

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, pon en marcha o programa “DepoEmprende” 2020-2021, segundo a convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), núm. 118, de 22 de xuño de 2020.

O proxecto “DepoEmprende na FP” diríxese aos centros educativos que imparten formación de grao medio e superior. A finalidade é promover entre o alumando a iniciativa emprendedora, tanto no ámbito empresarial coma no autoemprego, e tamén a actitude necesaria para asumir riscos e responsabilidades. A metodoloxía proposta baséase na elaboración e xestión de proxectos empresariais para que o alumnado asuma o risco de afrontar diferentes situacións laborais e, deste xeito, mellore a súa participación activa na vida económica, social e cultural do seu contorno.

Con este fin, e repetindo a actividade realizada en convocatorias pasadas, convócase unha nova edición dos Premios Demo Day, que teñen por obxecto fomentar o lanzamento das diferentes propostas elaboradas polo alumnado participante en “DepoEmprende na FP” a través dun proceso participativo, competitivo e secuencial que permita identificar e apoiar proxectos susceptibles de ser desenvolvidos.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 19 de febreiro de 2021 ata o 11 de marzo de 2021

Esta convocatoria está dirixida aos centros educativos de formación profesional da provincia de Pontevedra adheridos ao proxecto “DepoEmprende na FP” 2020-2021 (BOPPO, núm. 118, de 22 de xuño de 2020):

1. CIFP Manuel Antonio

2. CPR Daniel Castelao

3. CPR San Miguel

4. IES Johan Carballeira

5. CIFP Carlos Oroza

6. IES Plurilingüe Terra de Turonio

No prazo de cinco días naturais antes da data de celebración dos Premios Demo Day, os centros educativos admitidos deberán facilitarlle ao Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, mediante instancia xenérica, presentada por rexistro segundo o establecido no artigo 16.4 da LPACAP, a seguinte documentación por cada proxecto inscrito:

  • Proxecto empresarial en formato PDF: desenvolvemento completo do plan de negocio
  • Resumo executivo do proxecto: documento dunha ou dúas páxinas no cal se resalte a proposta de valor de forma clara e concisa, así como a información clave sobre o proxecto empresarial

Se os Premios Demo Day se desenvolven de forma telemática deberase achegar, xunto con esta documentación, o material audiovisual de presentación dos proxectos empresariais inscritos.

Antes da data de celebración dos Premios Demo Day, a devandita documentación remitiráselle ao xurado, quen examinará e valorará os diferentes proxectos.

Os centros educativos participantes no proxecto “DepoEmprende na FP” 2020-2021 deberán inscribirse nos Premios Demo Day obrigatoriamente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Para a presentación de solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistema de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime loca
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación