SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1935052 Axudas para o estudo dirixidas ao alumnado da Escola de Cantería

Procedemento en prazo de presentación.

Procedemento de concesión das axudas destinadas ao alumnado que realice estudos na Escola de Cantería no curso académico 2021/2022 conducentes á obtención do título de Cantería ou de Mestra ou Mestre Canteiro, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva.

As clases e respectivas contías das bolsas da Escola de Cantería para o curso 2021/2022 son as seguintes:

a) Bolsa básica: 800,00 €

b) Complemento segundo a renda: 200,00 €

c) Complemento segundo a residencia: 110,00 €

A dotación económica para cada persoa beneficiaria está suxeita ao cumprimento dos requisitos da bolsa básica e de cada un dos complementos, cun máximo determinado pola suma das tres.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Escola de Cantería

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 18 de novembro de 2021 ata o 1 de decembro de 2021

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que, no curso académico 2021/2022, estea matriculado en estudos presenciais conducentes a obter a titulación de Cantería ou de Mestra ou Mestre Canteiro na Escola de Cantería.

As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • Anexo II. Declaración das persoas que conforman a unidade familiar coa autorización para a comprobación de datos de identidade, residencia e vida laboral
  • Copia do Modelo 100 do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Declaración anual, relativo ao ano fiscal 2020
  • Copia do contrato de alugueiro, no caso de residir fóra do seu domicilio habitual durante todo o curso escolar

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Normativa aplicable

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
  • Ordenanza reguladora de subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra