SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1778531 DEPOrte Escolas

Procedemento en prazo de presentación.

O deporte constitúe unha actividade de máxima importancia e relevancia nas sociedades modernas. Asóciase directamente a un modo de vida saudable co que se contribúe á mellora das propias condicións físicas, así como a valores de superación, loita, respecto aos demais e ás normas, e de crecemento persoal baseado no esforzo e na mellora do propio rendemento. Todos eles son valores sociais especialmente interesantes no proceso de sociabilidade.

As DEPO_ESCOLAS son unha liña de axuda centrada directamente no deporte base que leva realizándose dende o ano 2007 e que permite que centos de nenas e nenos se poidan iniciar en diferentes modalidades deportivas de xeito totalmente gratuíto ó longo de toda a provincia, en colaboración e coordinación coas diferentes federacións e clubs deportivos para contribuír ó desenvolvemento e fomento da actividade deportiva en idade escolar.

As escolas están dirixidas a nenas e nenos en idade escolar que residan na provincia de Pontevedra. As escolas comprenden as seguintes modalidades: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización:

Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:

  • 1º prazo: Do 21 de setembro de 2021 ao 4 de outubro de 2021.
  • 2º prazo: Do 1 de novembro de 2021 ao 1 de decembro de 2021.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listaxes na páxina web.

As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar que residan na provincia de Pontevedra. As modalidades dispoñibles por Concello para cada tramo de idade, así como os horarios serán obxecto de publicación na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Para o curso 2021/2022 ofertaranse 9 modalidades deportivas:

  • Atletismo
  • Baloncesto
  • Balonmán
  • Judo
  • Patinaxe
  • Piragüismo
  • Rugby
  • Taekwondo
  • Loita

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude normalizada correspondente e achegar:

  • No caso de menores que non teñan DNI/NIE, libro de familia no que figure a nena ou neno solicitante

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera  dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro , do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro , xeneral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de éxime loca
  • Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deport
  • Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia