SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

750588 Subvencións as confrarías de pescadores/as, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra para investimentos

Procedemento en prazo de presentación.

Subvencións ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia de Pontevedra que outorgue a Deputación, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva.

Actuacións susceptibles de axuda as accións que apoien as confrarías, a federación de confrarías e as agrupacións de mariscadoras en proxectos e actuacións que teñan como obxecto:

  1. A comercialización e valorización das producións
  2. A formación técnica e o asesoramento para o desenvolvemento da actividade das confrarías e a federación de confrarías
  3. A divulgación e posta en uso das novas tecnoloxías, as enerxías renovables e o aforro enerxético
  4. O material para a vixilancia das producións
  5. Os investimentos para a mellora dos servizos prestados:
    • Axudas para investimentos en construcións, equipamentos, elementos de transporte, instalacións, reparacións en edificios e mantemento dos locais das confrarías e lonxas
    • Axudas para a adquisición de equipos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados por estas entidades ás persoas socias

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Medio Ambiente

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 12 de abril de 2021 ata ao 7 de maio de 2021

Poderán solicitar estas axudas tanto as confrarías de pescadoras e pescadores coma a federación de confrarías ou as agrupacións de mariscadoras, co requisito de que estean legalmente constituídas e que pertenzan á provincia de Pontevedra.

Para todas as actuacións

Memoria descritiva do investimento que se realice, na que se especifiquen as características técnicas dos equipamentos, obras, estudos técnicos e mobiliario, entre outros:

(i) Orzamento asinado e detallado da actividade ou investimento para realizar

(ii) No caso de creación de postos de traballo, unha declaración responsable da persoa representante legal da entidade na que figuren os datos das novas persoas empregadas

(iii) Calendario de realización do investimento ao longo do ano en curso

(iv) Número de postos de traballo que se crean, no seu caso

(v) Compromiso de manter a adscrición dos bens aos fins que motivaron a concesión da subvención por un prazo mínimo de cinco anos no caso de bens inscribibles nun rexistro público ou de dous anos para o resto de bens inventariables

(vi) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de corenta mil (40.000,00) euros, no suposto de execución de obras, ou de quince mil (15.000,00) euros, no caso de subministracións de bens de equipo, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da axuda (art. 31.3 da LXS). Esta situación deberase acreditar no expediente da subvención concedida

No caso de realización de obras

  • Resumo do orzamento de execución por capítulos ou memoria valorada. No caso de que os proxectos de obras estean divididos en fases, deben especificar a programación total, coa indicación do número de fases, o importe e o calendario de realización. As sucesivas propostas que se expoñan deberán numerarse por fases coa indicación das xa executadas. Deberá acreditarse tamén que cada unha das fases subvencionadas é susceptible de utilización independente
  • Acreditar a titularidade do ben sobre o que se vai realizar o investimento ou un acordo de cesión, no seu caso
  • Compromiso de solicitar a licenza ou as autorizacións preceptivas
  • No caso de que as obras superen os 50.000 € presentarase unha reportaxe fotográfica do estado actual, segundo o establecido no artigo 15.5 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica, coa concesión dun prazo de 10 días hábiles ao respecto. En todo caso, se tal emenda se efectuase fora do prazo de presentación de solicitudes, limitarase á presentación electrónica do previamente presentado presencialmente en papel, sen que podan engadirse outros documentos ou rectificar os xa aportados.

Isto sen prexuízo da emenda en xeral que, no seu caso, procedese de acordo coas bases ou segundo o art. 68.1 da Lei 39/2015.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación