SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

214908 Autorización para a consulta de datos do Rexistro de Delincuentes Sexuais

Procedemento en prazo de presentación.

Esta autorización permítelle á Administración consultar ao Rexistro Central de Delincuentes Sexuais do Ministerio de Xustiza, os datos relativos á ausencia de antecedentes por delitos deste tipo, xa que é un requisito para o acceso e exercicio de calquera profesión, oficio e actividade que implique contacto habitual con persoas menores de idade non ter sido condenado por sentenza firme por calquera delito contra a liberdade e indemnidade sexuais tipificados no título VIII da Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal, así como por calquera delito de trata de seres humanos tipificado no título VII bis do Código Penal.

Se a persoa interesada non autoriza á Administración para a consulta destes datos deberá achegar directamente o certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, que poderá obter por algunha das vías detalladas na páxina do Ministerio de Xustiza.

  • Prazo: a partir da proposta de contratación ou nomeamento e con anterioridade a formalización da relación xurídica coa Deputación provincial de Pontevedra que implique contacto habitual con menores de idade.
  • Unidade administrativa responsable: Servizo de Recursos Humanos e Formación; Centro Príncipe Felipe

Todas as persoas que vaian a formalizar unha relación de carácter laboral, funcionarial ou formativa na Deputación de Pontevedra que implique un contacto habitual con menores

A presentación deste escrito realizarase mediante rexistro electrónica a través dalgún dos medios de identificación electrónica admitidos

  • Artigo 57, Lei orgánica 8/2021, de 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia frente á violencia
  • Artigo 9.2 do Real decreto 1110/2015, de 11 de decembro, de Rexistro Central de Delincuentes Sexuais
  • Artigo 16 c do Real decreto 95/2009, de 6 de febreiro, polo que se regula o sistema de rexistros administrativos de apoio á Administración