SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2511214 Solicitude de participación no programa Fiando redes

Procedemento en prazo de presentación.

A posta en marcha do programa “Fiando redes” ten como obxectivo activar o tecido asociativo feminino, tecer redes e mobilizar conciencias para un cambio de actitudes e a ruptura de estereotipos sexistas, promovendo a sensibilización en igualdade de xénero e a prevención da violencia machista.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra ofertará actividades de temática inclusiva e con perspectiva de xénero enmarcadas en cinco grupos: encontro con escritoras, acción escénica, música, mural e faladoiros.

Efectos do silencio administrativo: Negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización: As solicitudes deberán presentarse cunha antelación de máis de 20 días naturais con respecto á data de realización da actividade

Este programa vai destinado a asociacións de mulleres e outras asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra que teñan como obxectivo prioritario e ámbito de actuación a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Quedan expresamente excluídas do ámbito do programa as solicitudes efectuadas por persoas particulares, empresas, concellos, comunidades de montes, clubs deportivos, centros educativos e ANPA.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

  • Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  • Lei 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local