SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2414504 Declaración responsable para a realización de obras menores de conservación e mantemento das edificacións, instalacións e peches situados na zona de servidume ou na zona de afección das estradas de titularidade da Deputación Provincial de Pontevedra

Procedemento en prazo de presentación.

Procedemento a través do cal se comunica, cunha antelación mínima de quince días ao inicio das obras, a execución de obras menores de conservación e mantemento das edificacións, instalación e peches na zona de servidume ou afección das estradas da Deputación de Pontevedra.

As persoas declarantes deberán comunicar ao Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais a finalización das obras no prazo de 15 días desde a finalización destas, para que realicen a súa comprobación se así o consideran oportuno.

Efectos do silencio administrativo: non especificado, ao tratarse dunha declaración non procede resolución

Unidade administrativa responsable: Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

Persoas físicas e xurídicas que promovan, executen ou dirixan as obras.

As persoas declarantes deberán entregar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

  • Descrición detallada ou memoria explicativa da actuación que se pretende realizar, que especifique todos os datos necesarios para definir claramente a actuación, así como que permita a correcta localización no terreo, podendo incluír planos, esbozos, esquemas, etc
  • No caso de non realizar a presentación de solicitude con certificado de representante de persoa xurídica, acreditación da representación
  • Documentación opcional relacionada co procedemento.

Despois da finalización das obras, as persoas declarantes deberán comunicar ao Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais a finalización das mesmas no prazo de 15 días desde a finalización destas, para que realicen a súa comprobación se así o consideran oportuno.

As declaracións presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Opcionalmente, as declaracións poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das declaracións a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

  • Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local