SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2451388 Solicitude de beneficio fiscal en taxas

Procedemento en prazo de presentación.

Procedemento a través do cal se xestiona o recoñecemento do dereito a redución nas taxas (auga, lixo, sumidoiro e tratamento e depuración)

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano. En función da redución solicitada os prazos serán os establecidos na ordenanza fiscal reguladora de cada Concello

Todas aquelas persoas interesadas que poidan acollerse a solicitude de beneficio fiscal conforme aos supostos regulados na normativa vixente.

A documentación requirida varía en función da taxa para a que se solicita a redución asi como o Concello ao que se refire polo que haberá que estar ao regulado pola ordenanza fiscal reguladora (https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral/o-meu-concello)

  • DNI, NIE da persoa solicitante
  • NIF da entidade solicitante
  • DNI, NIE da persoa representante
  • Certificado de defunción, para o caso de presentación por sucesor/a de persoa falecida
  • Certificado de derradeiras vontades, para o caso de presentación por sucesor/a de persoa falecida
  • Testamento, declaración de herdeiros e/ou libro de familia, para o caso de presentación por sucesor/a de persoa falecida
  • Autorización xeral para a representación no caso de persoas físicas

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos.

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberta (ver o apartado “formularios relacionados”) xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común sempre que as persoas interesadas non estean obrigadas a relacionarse coa administración a través de medios electrónicos.